Numerosas persoas acudiron este Domingo de Entroido ao XXIV Concurso de Disfraces de Outeiro de Rei, que tivo lugar na praza da vila; este ano o tempo acompañou e foron moitas as persoas que se apuntaron á festa. Nenos, nenas e maiores gozaron dunha tarde carnavaleira bailando ao son do Trío D´Nika e na que diferentes disfraces se disputaron 2 230 euros en premios.
Nesta edición o primeiro premio de comparsas foi para VIAXA CON NÓS; na categoría de parellas a alta participación e gran nivel dos concursantes fixo que o xurado outorgara dous premios especiais.
Membros do xurado, entregaron os premios aos gañadores e gañadoras desta edición, que foron os seguintes:
COMPARSAS
1º PREMIO DE 500 € VIAXA CON NÓS
2º PREMIO DE 350 € BRILLINETES
3º PREMIO DE 200 € SAMURAIS DO VALERICS
PREMIO ESPECIAL (comparsa de Outeiro de Rei) 150 € EL QUIJOTE
PARELLAS
1º PREMIO DE 200 € COMO ENTRENAR A MI DRAGÓN
2º PREMIO DE 120 € DIOSES DE EGIPTO (HORUS Y KONSHU)
PREMIO ESPECIAL 100 € LOS GUSANOS LECTORES
PREMIO ESPECIAL 60 € LA COSTURERA Y EL SASTRECILLO
INDIVIDUAL
1º PREMIO DE 150 € LA BRUJA LOCA
2º PREMIO DE 100 € A GARDA CIVIL DO CONCELLO
INFANTIL
1º PREMIO DE 120 € GUERRERO SALVAJE
2º PREMIO DE 60 € SCRAP BABY
PREMIO ESPECIAL DE 50 € SURCANDO LOS MARES