A Biblioteca Pública Municipal de Outeiro de Rei fixo entrega dos premios do V Concurso de Postais NADAL 2020 no que participaron 89 rapaces e rapazas e dos premios do Certame de poesía infantil Nadal 2020 no que se presentaron 116 traballos.

Ambos actos tiveron lugar hoxe ás 11:20 h no salón de actos da Casa da Cultura; os premiados recibiron un diploma e como agasallo un lote de libros e material escolar.
A entrega de premios realizouna o alcalde, José Pardo Lombao e a directora do Colexio Público Laverde Ruiz, Noa Piñeiro.

Todos os nenos e nenas participantes en ámbolos dous certames recibiron un libro de lectura que se repartiu nas aulas, agasallo do Concello de Outeiro de Rei, co obxectivo de fomentar a imaxinación e a lectura.