O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixido a nais e pais dos concellos da agrupación, para abordar a prevención de fracaso escolar dende o ámbito familiar.
Este obradoiro será impartido de xeito online ( a través da plataforma zoom) por Susana Piedra Zorrilla psicóloga con número de colexiada: M-19528 responsable do Programa de Prevención de condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes e fomento da parentalidade positiva na UNAF.
Neste obradoiro abordaranse os seguintes contidos:
- Características da adolescencia e pre-adolescencia.
- As condutas de risco na adolescencia.
- Fracaso escolar; definición, factores de risco e tipos.
- Pautas familiares para a prevención do fracaso escolar
- Hábitos de estudios Pautas parentais.
- Competencias persoais e sociais.
Data: 21 de novembro de 2023
Horario: de 17.00 a 18.30 horas
Inscricións a través do seguinte enlace: (antes do 20 de novembro) https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=EL1lraOcWUSZsR8AJaiKVeEg wUlkbINNlrb7Qya8QHtUNjRGWk9aOVk2WkpRUkQxQTdXMUQwQUo2My4u
+ INFO
Servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.
MAIL: prevenciondrogas@rabade.org
TELÉFONO: 982390062 ( María Barreiro)