ENCONTRO ONLINE PARA FAMILIAS: Prevención de comportamentos violentos no ámbito familiar

O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixido a nais e pais dos concellos da agrupación, para abordar a prevención dos comportamentos violentos no ámbito familiar.

Este obradoiro será impartido de xeito online (a través da plataforma zoom) por Susana Piedra Zorrilla, psicóloga con número de colexiada: M-19528, responsable do Programa de Prevención de condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes e fomento da parentalidade positiva na UNAF.

Neste obradoiro abordaranse os seguintes contidos:

  • Características da adolescencia e pre-adolescencia.
  • As condutas de risco na adolescencia.
  • Bullying e ciberbullying
  • Violencia filioparental
  • Autolesións
  • Competencias parentais na prevención de condutas violentas

Data: 4 de marzo

Horario: de 17.00 a 18.30 horas

Inscricións a través do seguinte enlace: https://forms.office.com/e/zys6Siy93Q

+ INFO

Servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade.

MAIL: prevenciondrogas@rabade.org

TELÉFONO: 982390062 (María Barreiro)