
O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixido a nais e pais dos concellos da agrupación, para abordar as crises familiares e primeiros auxilios psicolóxicos.
Este obradoiro será impartido de xeito online (a través da plataforma zoom) por Sandra Cabrera, psicopedagoga, mediadora familiar e responsable do programa Mediación a familias e atención, formación e intervención psicosocial con fillas e fillos en educación primaria e secundaria de UNAF.
Neste obradoiro abordaranse os seguintes contidos:
- Que é unha crise e cales son as súas características.
- Tipos de crises.
- Comprendendo as crises
- Crises familiares e modelos de familia.
- Primeiros auxilios psicolóxicos.
Data: 30 de setembro Horario: de 18:00 a 19:30
Inscricións a través do seguinte enlace: https://forms.office.com/e/ky6EASbWGK
+ INFO
Servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.
MAIL: prevenciondrogas@rabade.org TELÉFONO: 982390062 (María Barreiro)

