O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixido a nais e pais, educadoras/es e outros perfís vinculados á educación dos concellos da agrupación, para abordar o tema da autoridade e límites.
Este obradoiro será impartido de xeito online por Carlos González Rodríguez, pediatra e escritor, experto en crianza e saúde infantil. Carlos González é doutor en pediatría e autor de varios libros de crianza e saúde infantil, entre eles Bésame mucho, Cómo criar a tus hijos con amor ( 2003), Mi niño no me come (1999), Creciendo juntos (2013), etc.
Nesta actividade abordarase como equilibrar autoridade e límites na educación das nenas e nenos, abordando temas como disciplina, límites, emocións, perrenchas, … todo o preciso para que o equilibrio, a harmonía, a comprensión e o afecto sexan os cementos sobre os que construír as relacións.
Data: 18 de novembro 2024
Horario: de 18:00 a 19:30 h
Inscricións a través do seguinte enlace: https://forms.gle/5UnkRxAQCqkobUYM7
ou enviando un mail a prevenciondrogas@rabade.org
+ INFO
Servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade.
MAIL: prevenciondrogas@rabade.org TELÉFONO: 982390062 (María Barreiro)