O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixido a nais e pais dos concellos da agrupación, para abordar o mundo afectivo-sexual dende o ámbito das familias de nenas, nenos e adolescentes.
Este obradoiro será impartido de xeito online (a través da plataforma zoom) por Susana Piedra Zorrilla, psicóloga co número de colexiada: M-19528 responsable do Programa de Prevención de condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes e fomento da parentalidade positiva na UNAF.
Neste obradoiro abordaranse os seguintes contidos:
- Adolescencia e preadolescencia.
- Condutas de risco no ámbito da
- Educación afectivo sexual na pre e Características e pautas familiares.
- Mitos e realidades nas familias en torno á sexualidade.
- Competencias familiares para un desenvolvemento afectivo-sexual.
Data: 3 de xuño 2024
Horario: de 17.00 a 18.30 horas
Inscricións a través do seguinte enlace: https://forms.office.com/e/cz0fMRxny2
+ INFO
Servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade.
MAIL: prevenciondrogas@rabade.org TELÉFONO: 982390062 (María Barreiro)