PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI 2019/20
finalizado
Os programas integrados de emprego están dirixidos a mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego e inclúen intermediación laboral durante un período de doce meses.
O Programa Integrado de Emprego do Concello de Outeiro de Rei 2019/20, do que formaron parte a agrupación de Concellos de Outeiro de Rei, Friol, Rábade, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Abadín e Mondoñedo, durou dende outubro de 2019 a marzo de 2021 e atendeu a 100 participantes.
Este proxecto foi financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia con 293.029,18 euros e tivo un cofinanciamento de 35.427,23 euros por parte dos propios concellos.
As accións levadas a cabo foron de información, orientación, asesoramento, formación, prácticas laborais e prospección de empresas.
A formación estivo orientada a mellorar o proceso de busca de emprego; durante a mesma, impartiuse:
• Formación transversal (as redes sociais na busca de emprego, igualdade de oportunidades, activación e motivación para a busca de emprego, claves para superar a entrevista de traballo, etc.)
• Preparación para a obtención do carné de carretillero
• Manipulador de alimentos
• Preparación de competencias clave de nivel 2
• Certificado de profesionalidade de “Limpieza en espazos abertos e instalacións industriais” (2 edicións)
• Prevención de riscos laborais (nivel básico)
• Manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios (nivel básico)
Durante o programa integrado de emprego 52 participantes do mesmo acadaron unha oportunidade para incorporarse ao mercado laboral con diferentes tempos de duración nos contratos.