PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI 2022/23

O Concello de Outeiro de Rei xunto cos Concellos de Friol, Rábade, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Abadín e Mondoñedo ten en marcha un programa integrado de emprego que durará ata o 16 de novembro.

Este programa está subvencionado pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e ten por obxecto a mellora da ocupabilidade e facilitar o acceso ao mercado laboral dos 100 persoas participantes en situación de desemprego dentro dos seguintes colectivos: persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación e cualificados e maiores de 45 anos que desenvolverán as seguintes accións:

a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación.
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección empresarial.
g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Prácticas profesionais non laborais en empresas.
i) Obradoiros sobre mobilidade laboral.

Facilitarase a existencia de medidas de conciliación para favorecer a asistencia ás accións do programa así como todas as persoas demandantes que participen no programa integrado de emprego terán dereito a percibir unha bolsa consistente en 7 euros por día de asistencia ás accións do programa.

Este programa promovido polo Concello de Outeiro de Rei conta cun financiamento da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade de 250.000 euros e cun cofinanciamento de 30.898,88 euros dos propios concellos integrantes no programa.

Concello de Outeiro de Rei
Revisión de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo para comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.

Para máis información consulte Política de cookies.