Programa integrado de emprego do Concello de Mondoñedo 2021/22

finalizado

Os programas integrados de emprego están dirixidos a mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego e inclúen intermediación laboral durante un período de doce meses.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Mondoñedo 2021/22, do que formaron parte a agrupación de Concellos de Mondoñedo, Outeiro de Rei, Friol, Rábade, Begonte, Cospeito, Castro de Rei e Abadín, durou dende novembro de 2021 a outubro de 2022 e atendeu a 100 participantes dos cales 16 foron de Outeiro de Rei.

As accións levadas a cabo foron de información, orientación, asesoramento, formación, prácticas laborais e prospección de empresas.

A formación estivo orientada a mellorar o proceso de busca de emprego; durante a mesma, impartíronse en Outeiro de Rei presencialmente as seguintes especialidades formativas incluídas dentro do catálogo de especialidades do SEPE:

  • Carretillero, camión pluma e retroescavadora
  • PRL para manexo de motoserra e desbrozadoras
  • Técnicas básicas de primeiros auxilios

Tamén se realizaron outras especialidades, mediante a modalidade de teleformación, entre outras: manipulador de alimentos, básico de prevención de riscos laborais, monitor de tempo libre… e diversa formación transversal (técnicas de busca de emprego eficaz, habilidades sociais de comunicación, intelixencia emocional e traballo en equipo, etc).

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Mondoñedo desenvolveuse do 22/11/2021 ao 21/11/2022