Obradoiro dual de emprego Santa Isabel V
FINALIZADO
Os obradoiros duais de emprego desenvólvense durante doce meses e céntranse na realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral e social. A finalidade dos mesmos é posibilitar un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a cualificación profesional das persoas beneficiarias e favoreza a súa posterior inserción laboral.
En 2023 a solicitude de subvención para a posta en marcha deste novo obradoiro foi realizada conxuntamente polos Concellos de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Cospeito, sendo tramitada polo Concello de Outeiro de Rei, promotor do obradoiro.
As especialidades formativas a impartir e as obras ou servizos a realizar no Obradoiro Dual de Emprego Santa Isabel V por municipios son as seguintes:
CONCELLO DE OUTEIRO DE REI
EOCB0110 Pintura decorativa en construcción e EOCB0311 Pintura industrial en construción (deste certificado soamente se impartirá o módulo MF1936_2).
Certificado de profesionalidade de nivel 2 que se combina cun módulo do certificado de Pintura industrial en construción do mesmo nivel.
Para a realización do proxecto: ACONDICIONAMENTO INTERIOR DE CENTROS SOCIOCULTURAIS MUNICIPAIS
CONCELLO DE CASTRO DE REI
EOCB0109 Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción, EOCB0209 Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (deste certificado impartiranse os módulos MF 1320_1 e MF 1321_1) e EOCB0208 Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (deste certificado impartirase o módulo MF0142_1).
Certificado de profesionalidade de nivel 1 que se combina con módulos dos certificados de Operaciones auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas, ambos certificados do mesmo nivel.
Para a realización do proxecto: CONSTRUCIÓN DE 96 SEPULTURAS NO CEMITERIO MUNICIPAL DE DUARRÍA E REHABILITACIÓN PARCIAL DA ANTIGA ESCOLA UNITARIA DA PARROQUIA DE MONDRIZ
CONCELLO DE COSPEITO
EOCB0209 – Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, EOCB0211–Pavimentos e albanelaría de urbanización (deste certificado impartiranse os módulos MF 1929_2, MF 1930_2, MF 1931_2, MF1932_2 e MF2327_2) e EOCB0108–Fábricas de albanelaría (deste certificado impartirase o módulo MF0141_2).
Certificado de profesionalidade de nivel 1 que se combina con módulos de dous certificados de profesionalidade de nivel 2 (Pavimentos e albanelaría e Fábricas de albanelaría).
Para a realización do proxecto: MELLORA DE ESPAZOS URBANOS E BEIRARRÚAS NO CASCO URBANO DE FEIRA DO MONTE E HUMANIZACIÓN DA RÚA BILLERMA EN MUIMENTA.
Este obradoiro de emprego conta cunha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade por importe de 531 046,20 € e empregará a un total de 26 persoas entre alumnos/as traballadores (20), monitores/as (3), administrador/a (1), director/a (1) e mestre/a (1).