Obradoiro dual de emprego Camiño da Chaira VII
finalizado
O Obradoiro dual de Emprego Camiño da Chaira VII está promovido polos Concellos de Cospeito, Castro de Rei, e Outeiro de Rei. Empezou a funcionar o 03/10/2022 e formará durante doce meses a un total de vinte persoas desempregadas. Nesta edición a xestión do mesmo correspóndelle ao Concello de Cospeito; no Concello de Outeiro de Rei estase a impartir a especialidade EOCB0110 Pintura decorativa en construción.