Obradoiro de emprego Santa Isabel IV

finalizado

Os obradoiros duais de emprego desenvólvense durante nove meses e céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social e nacen coa finalidade de posibilitar un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a cualificación profesional dos beneficiarios e favoreza a súa posterior inserción laboral. Os certificados de profesionalidade que se impartirán neste obradoiro son:

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ADGG0508 Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos IMST0109 Produción fotográfica (deste certificado de profesionalidade soamente se impartirá o módulo MF0928_2 Tratamento de imaxes dixitais) Para a realización do proxecto: DIXITALIZACIÓN E ORGANIZACIÓN DE ARQUIVO MUNICIPAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

MAMD0209 Traballos de carpintería e moble MAMD0109 Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble Para a realización do proxecto: CONSTRUCIÓN DE MÓDULOS DE CUBRICIÓN DE LIXO E MOBILIARIO URBANO

CONCELLO DE COSPEITO

EOCB0209 0peracións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización Para a realización do proxecto: PAVIMENTACIÓN DE VÍAS URBANAS EN FEIRA DO MONTE E MUIMENTA

Este obradoiro de emprego conta cunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade por importe 346 946 € e empregará a un total de 26 persoas entre alumnos traballadores (20), monitores (3), administrador (1) e director (1) ademais dun mestre.

O Obradoiro de Emprego Santa Isabel IV desenvolveuse do 18/12/2020 ao17/09/2021

Documentación