Bolsa de emprego
NOVA
Chofer trailer
A empresa TRANSCASILLAS SL, situada en Outeiro de Rei e dedicada ao transporte de mercadorías por estrada, oferta 2 postos de condutor/a de trailer para tráfico nacional e 1 para tráfico rexional.
Contratos a xornada completa de carácter indefinido. É preciso ter permiso de conducir C+E.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléf.: 663 608 733.
Contacto: Ángel
Operarios/as de mantemento de estradas
A empresa HNOS. BLANCO TRIGO oferta dous postos de operario cuxa misión principal será atender ás incidencias que se produzan en estradas da Deputación de Lugo de varios concellos da provincia situadas nun radio máximo dunha hora de desprazamento. A tal efecto, terán que ter dispoñibilidade no seu domicilio e acudir ao punto preciso no caso de recibir unha alerta a tal fin.
O contrato de traballo será dun ano de duración con posibilidade de continuidade e os requisitos precisos: ser persoa responsable e ter permiso de conducir tipo B.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléf.: 608 185 597.
Contacto: Ángel Trigo
Repartidor/a
A empresa DISVEI (distribuidora de productos químicos, celulosa, menaxe, envases e material de limpeza para hostalería, colectividades, lavandería…) oferta un posto de repartidor/a para a zona da Terra Chá estando o centro de traballo localizado en Outeiro de Rei.
Xornada de traballo partida de luns a venres, 40 h semanais. É preciso ter permiso de conducir tipo B.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléf.: 651 931 619.
Contacto: Óscar Veiga
Carpinteiro/a metálico/a e soldador/a
A empresa CARPINTERÍA METÁLICA BEN ALONSO oferta dous postos, un deles de carpinteiro/a metálico montador e o outro de soldador/a, ambos para o seu centro de traballo localizado en Outeiro de Rei.
Xornada de traballo intensiva de luns a venres en horario de 8:00 h a 16:30 h (con descanso para xantar). É preciso ter experiencia.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléf.: 982 393 280.
Contacto: Marisol
Capataz/a de andamios
A empresa Iman Temporing, especializada en RRHH, está seleccionando a un/unha capataz de obra para empresa do sector do metal sita na provincia de Lugo. As funcións do posto son coordinar e xestionar ao equipo na sección de andamios e de apoio no montaxe dos andamios.
Ofrecen contrato indefinido, vehículo de empresa e tarxeta de dietas e telepeaxe.
Valorarán nas persoas candidatas a experiencia polo menos dun ano nas funcións descritas e coñecementos en obra.
As persoas interesadas deben anotarse a través da web: https://empleo.imancorp.es/es/oferta/capataz-de-andamios
PRAZAS CUBERTAS
Camareiro/a e axudante de camareiro/a
O bar O Pozo de Outeiro de Rei oferta dous postos de traballo, un de camareiro/a e outro de axudante.
Traballo a xornada parcial cos seguintes horarios e días de traballo: luns e martes de 19:00 h a 23:00 h e sábados e domingos de 10:00 h a 15:00 h e de 19:00 a 23:00 h.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no tfno.: 982 393 092.
Contacto: ANA
PRAZA CUBERTA
Logopeda para servizo de atención temperá en Outeiro de Rei
COESCO selecciona un/unha logopeda para servizo de atención temperá a nenos/as de entre 0 e 6 anos con transtornos no desenvolvemento.
Responsabilidades principais: dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presenten nenos e nenas con transtornos no desenvolvemento, facilitando a súa autonomía persoal e a inclusión social.
Formación específica: Diplomatura/grao en logopedia. Especialidade en desenvolvemento infantil e atención temperá e/ou apoio familiar, ou acreditar experiencia suficiente no ámbito de atención sanitaria ou sociosanitaria.
Interesad@s enviar curriculum a empresas@coescoformacion.com
Persoal de limpeza
A empresa EULEN SA busca persoas para traballar nun posto de limpador/a en empresa agroalimentaria para os centros de traballo localizados en Outeiro de Rei e Begonte.
Na planta de Outeiro de Rei, o traballo é a xornada completa de luns a venres en horario de 16:00 h a 00:00 h.
En Begonte, o traballo é a xornada parcial en quenda de fin de semana e horarios de 6:00 h a 14:00 h os sábados e de 6:00 a 12:30 h os domingos.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléf.: 678 776 691.
Contacto: Esther Mezquita Fernandez
Chófer especialista para vehículo portacontedores e auxiliar administrativo
A empresa AMBIGAL 360, SL, Centro Especial de Emprego núm. 152GZ, empresa vilalbesa acreditada na xestión de residuos recuperables non perigosos para valorización, oferta dous postos de traballo: un de chofer-especialista para vehículos portacontedores e outro posto de auxiliar administrativo.
Busca exclusivamente traballadores con discapacide superior ao 33% con posible adaptación a estes postos de traballo.
As persoas interesadas poden remitir o seu curriculum vitae ao correo electrónico ambigal360@gmail.com
Auxiliar de axuda domicilio
A empresa OS VENTOS busca cubrir varios postos de auxiliar de axuda a domicilio para traballar no SAF de Cospeito.
As persoas interesadas poden remitir o seu curriculum vitae a lugo@osventos.com.
Contacto: DANIEL