QUEDAN RESTRINXIDAS A ENTRADA E SAÍDA DE CADA UN DOS CONCELLOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Están exceptuados os desprazamentos, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios; Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais; Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil; Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar; Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables; Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes; Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais; Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables; Realización de exames ou probas oficiais inaprazables; Coidado de hortas e animais; Asistencia a academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación; Desprazamento a establecementos comerciais polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade en territorios limítrofes cando non exista alternativa no propio concello; Por causa de forza maior ou situación de necesidade ou calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

EN TODA A COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre quedará condicionada aos constituídos exclusivamente por PERSOAS CONVIVENTES.                     

QUEDA LIMITADA A MOBILIDADE NOCTURNA ENTRE AS 22:00 E AS 06:00 HORAS, salvo para a realización das seguintes actividades:

Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade;  Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios; Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia; Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais; Retorno ao lugar de residencia habitual, tras realizar algunhas das actividades previstas neste punto; Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables; Por causa de forza maior ou situación de necesidade; Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada e o abastecemento en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

Estas novas medidas entrarán en vigor desde as 00:00 horas de día 27 de xaneiro de 2021 ata o día 17 de febreiro de 2021.

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN