Queda restrinxida a entrada e saída de persoas do ámbito territorial dos seguintes concellos considerados individualmente:
- Na provincia da Coruña: A Coruña, Ames, A Pobra do Caramiñal, Arteixo, Boiro, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cee, Cerceda, Culleredo, Fene, Ferrol, Laxe, Melide, Narón, Noia, Oleiros, Oroso, Ortigueira, Outes, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Santiago de Compostela, Trazo, Val do Dubra e Vimianzo.
- Na provincia de Lugo: Lugo, Vilalba, Viveiro e Xove.
- Na provincia de Ourense: Allariz, Barbadás, Monterrei, O Carballiño, Ourense, Verín e Xinzo de Limia.
- Na provincia de Pontevedra: A Estrada, A Guarda, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cuntis, Moaña, Oia, O Rosal, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, Salvaterra do Miño, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
EN TODA A COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre quedará condicionada a que non se supere o número máximo de catro persoas, agás que se trate de persoas conviventes.
(Esta limitación non será de aplicación no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así coma no caso da práctica de deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento).
En toda a Comunidade Autónoma Galega, a ASISTENCIA A LUGARES DE CULTO NON PODERÁ SUPERAR O TERZO DA SÚA CAPACIDADE e debe garantirse o mantemento dunha distancia mínima de seguridade de 1,5 metros entre os asistentes.
QUEDA LIMITADA A MOBILIDADE NOCTURNA ENTRE AS 22:00 E AS 06:00 HORAS.
(As persoas só poderán circular polas vías ou espazos públicos para: compra de medicamentos/produtos sanitarios e bens de 1ª necesidade; asistencia a centros, servizos ou establecementos sanitarios; asistencia a centros veterinarios por motivos de urxencia; cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais; retorno ao lugar de residencia habitual tras a realización das actividades previstas neste parágrafo; asistencia e coidado de persoas maiores, menores, dependentes, con discapacidade ou especialmente vulnerables e repostaxe en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades anteriores).
Estas novas medidas entrarán en vigor desde as 00:00 horas de día 15 de xaneiro de 2021.