Queda RESTRINXIDA A ENTRADA E SAÍDA de persoas do ámbito territorial dos seguintes concellos considerados individualmente:
- Na provincia da Coruña: A Baña, Abegondo, A Coruña, A Laracha, Ames, A Pobra do Caramiñal, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Cedeira, Cee, Cerceda, Cerdido, Coristanco, Culleredo, Dodro, Dumbría, Fene, Ferrol, Laxe, Mañón, Melide, Moeche, Mugardos, Muxía, Narón, Neda, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Oza-Cesuras, Padrón, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Sobrado, Teo, Trazo, Touro, Val do Dubra, Valdoviño, Vilasantar e Vimianzo.
- Na provincia de Lugo: Burela, Cervo, Lugo, O Vicedo, Vilalba, Viveiro e Xove.
- Na provincia de Ourense: Allariz, Barbadás, Monterrei, O Carballiño, Ourense, Verín, Xinzo de Limia, Celanova, Porqueira, Ribadavia, Trasmiras e Vilar de Santos.
- Na provincia de Pontevedra: A Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Arbo, As Neves, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Catoira, Crecente, Cuntis, Forcarei, Gondomar, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, O Porriño, O Rosal, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Silleda, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
PODERÁN REALIZARSE DESPRAZAMENTOS, que se produzan por algún dos seguintes motivos: Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios; Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais; Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil; Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar; Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables; Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes; Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais; Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables; Realización de exames ou probas oficiais inaprazables; Coidado de hortas e animais; Asistencia a academias de idiomas, clases de reforzo educativo de materias incluídas nos plans de estudos da educación regrada, conservatorios e escolas de música, ou para a preparación de procesos selectivos en academias ou centros de formación; Por causa de forza maior ou situación de necesidade e por calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada».
EN TODA A COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre quedará condicionada a que non se supere o número máximo de catro persoas, agás que se trate de persoas conviventes.
Nos concellos de Arteixo, Viveiro e Xinzo de Limia a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará condicionada aos constituídos EXCLUSIVAMENTE POR PERSOAS CONVIVENTES.
(Esta limitación non será de aplicación no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais,, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento).
Estas novas medidas entrarán en vigor desde as 00:00 horas de día 21 de xaneiro de 2021.