Resumo da disposición:

Queda restrinxida a entrada e saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais delimitados de forma conxunta:

Concellos de A Coruña, Culleredo, Arteixo e Cambre; Concellos de Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar, O Porriño e Redondela; Concellos de Pontevedra, Marín e Poio; Concellos de Ferrol e Narón; Concellos de Sanxenxo e O Grove; Concellos de Santa Comba, Mazaricos e Negreira; Concellos de Vimianzo, Camariñas e Zas; Concellos da Guarda, Tomiño e O Rosal; Concellos de Noia e Lousame e concellos de Verín, Monterrei, Cualedro e Castrelo do Val.

Queda restrinxida a entrada e saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais:

Concello de Sarreaus; Concello de Porto do Son; Concello de Cangas; Concello de Boiro; Concello da Rúa; Concello de Moaña; Concello de Tui; Concello de Vilalba; Concello de Cambados; Concello das Pontes de García Rodríguez; Concello de Santiago de Compostela; Concello de Ribeira; Concello de Bueu; Concello de Baiona; Concello de Soutomaior; Concello de Meaño; Concello de Dumbría; Concello de Carnota; Concello da Illa de Arousa; Concello de Fisterra; Concello de Vilagarcía de Arousa; Concello de Rianxo; Concello de Viveiro; Concello de Carral; Concello da Pobra do Caramiñal; Concello de Xove; Concello de Muros; Concello de Xinzo de Limia; Concello de Outes e Concello de Barro

A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará condicionada a que non se supere o número máximo de catro persoas, agás que se trate de persoas conviventes, nos concellos seguintes:

Ferrol e Narón; Vigo, Mos, Nigrán, O Porriño, Gondomar e Redondela; Vilagarcía de Arousa; A Rúa; Pontevedra, Marín e Poio; Cangas; Carnota; Meaño; Dumbría; Vimianzo, Camariñas e Zas; Sarreaus; A Illa de Arousa; Outes; Fisterra; Santa Comba, Mazaricos e Negreira; A Guarda, Tomiño e O Rosal; Ribeira; Sanxenxo e O Grove; Tui; Barro; Rianxo; Vilalba; Bueu; Porto do Son; Baiona; Cambados; As Pontes de García Rodríguez; Boiro; Noia e Lousame; Verín, Monterrei, Cualedro e Castrelo do Val; Viveiro; Carral; A Pobra do Caramiñal; Xove; Muros e Xinzo de Limia.

No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo a que se refire o parágrafo anterior será de catro persoas.

Esta limitación non será de aplicación no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así coma no caso da práctica de deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

Entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00:00 horas e o día 7 de xaneiro de 2021 ás 00:00 horas establécese unha limitación de entrada e saída na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para aqueles desprazamentos debidamente xustificados. Así mesmo, quedan exentos das limitacións de entrada e saída os desprazamentos a territorios que sexan lugar de residencia habitual de familiares de quen se desprace, entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00:00 horas e o día 30 de decembro de 2020 ás 00:00 horas.

Entre o día 30 de decembro de 2020 ás 00:00 horas e o día 1 de xaneiro ás 23:00 horas para os ámbitos territoriais anteriores, quedan exceptuados das limitacións de entrada e saída aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan a territorios que sexan lugar de residencia habitual de familiares de quen se desprace.

Os encontros familiares para celebrar comidas e ceas do 31 de decembro de 2020 quedan sometidos aos seguintes condicionantes:

  • Recoméndase que estes encontros se limiten á unidade de convivencia.
  • No caso de que os encontros familiares se produzan entre persoas de dúas unidades de convivencia diferentes, estarán suxeitos á limitación de que non superen o número máximo de dez persoas.
  • Se estes encontros se producisen entre persoas de máis de dúas unidades de convivencia distintas, estarán suxeitos á limitación de que non superen o número máximo de seis persoas. Dentro desta cifra máxima de persoas non se computarán os nenos e nenas menores de dez anos. En todo caso, estes encontros estarán suxeitos á limitación de que non superen o número máximo de dez persoas.

Na noite do 31 de decembro do 2020 ao 1 de xaneiro de 2021, a hora de comezo da limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno amplíase ata as 1:30 horas, unicamente para permitir o regreso ao domicilio. En ningún caso se poderá utilizar esta ampliación horaria para desprazarse a diferentes encontros sociais.

Estas novas medidas entrarán en vigor desde as 00:00 horas de día 30 de decembro de 2020.

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN