Resumo da disposición:
Queda restrinxida a entrada e saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais delimitados de forma conxunta:
Concellos de A Coruña, Culleredo, Arteixo e Cambre; Concellos de Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar e O Porriño; Concellos de Pontevedra, Marín e Poio; Concellos de Ferrol e Narón; Concellos de Sanxenxo e O Grove; Concellos de Santa Comba, Mazaricos e Negreira; Concellos de Vimianzo, Camariñas e Zas e os concellos da Guarda, Tomiño e O Rosal.
Queda restrinxida a entrada e saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais:
Concello de Lugo; Concello de Sarreaus; Concello de Redondela; Concello de Cangas; Concello de Ponteareas; Concello de Boiro; Concello da Rúa; Concello de Moaña; Concello de Tui; Concello de Vilalba; Concello de Cambados; Concello das Pontes de García Rodríguez; Concello de Santiago de Compostela; Concello de Ribeira; Concello de Bueu; Concello de Baiona; Concello de Soutomaior; Concello de Meaño; Concello de Dumbría; Concello de Carnota; Concello de Carnota; Concello da Illa de Arousa; Concello de Rodeiro; Concello de Fisterra; Concello de Vilagarcía de Arousa e o concello de Rianxo.
A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará condicionada a que non se supere o número máximo de catro persoas, agás que se trate de persoas conviventes, nos concellos seguintes:
Ferrol e Narón; Vigo, Mos, Nigrán, O Porriño e Gondomar; Vilagarcía de Arousa; A Rúa; Pontevedra, Marín e Poio; Cangas; Carnota; Meaño; Dumbría; Vimianzo, Camariñas e Zas; Sarreaus; A Illa de Arousa; Rodeiro; Fisterra; Santa Comba, Mazaricos e Negreira; A Guarda, Tomiño e O Rosal; Ribeira; Sanxenxo e O Grove; Tui; Ponteareas; Rianxo; Vilalba; Bueu; Redondela; Baiona; Cambados; As Pontes de García Rodríguez e Boiro.
No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo a que se refire o parágrafo anterior será de catro persoas.
Esta limitación non será de aplicación no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así coma no caso da práctica de deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
Entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00:00 horas e o día 7 de xaneiro de 2021 ás 00:00 horas establécese unha limitación de entrada e saída na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para aqueles desprazamentos debidamente xustificados. Así mesmo, quedan exentos das limitacións de entrada e saída os desprazamentos a territorios que sexan lugar de residencia habitual de familiares de quen se desprace, entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00:00 horas e o día 30 de decembro de 2020 ás 00:00 horas.
Entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00:00 horas e o día 25 de decembro ás 23:00 horas para os ámbitos territoriais anteriores, quedan exceptuados das limitacións de entrada e saída aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan a territorios que sexan lugar de residencia habitual de familiares de quen se desprace.
Os encontros familiares para celebrar comidas e ceas de Nadal os días 24 e 25 de decembro de 2020 quedan sometidos aos seguintes condicionantes:
- Recoméndase que estes encontros se limiten á unidade de convivencia.
- No caso de que os encontros familiares se produzan entre persoas de dúas unidades de convivencia diferentes, estarán suxeitos á limitación de que non superen o número máximo de dez persoas.
- Se estes encontros se producisen entre persoas de máis de dúas unidades de convivencia distintas, estarán suxeitos á limitación de que non superen o número máximo de seis persoas. Dentro desta cifra máxima de persoas non se computarán os nenos e nenas menores de dez anos. En todo caso, estes encontros estarán suxeitos á limitación de que non superen o número máximo de dez persoas.
Na noite do 24 ao 25 de decembro de 2020, a hora de comezo da limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno amplíase ata a 1:30 horas, unicamente para permitir o regreso ao domicilio. En ningún caso se poderá utilizar esta ampliación horaria para desprazarse a diferentes encontros sociais.
Estas novas medidas entrarán en vigor desde as 00:00 horas de día 23 de decembro de 2020.