Resumo da disposición:
Queda restrinxida a entrada e saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais delimitados de forma conxunta:
Concellos de A Coruña, Culleredo, Arteixo e Cambre; Concellos de Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar e O Porriño; Concellos de Pontevedra, Marín e Poio; Concellos de Ferrol e Narón; Concellos de Sanxenxo e O Grove; Concellos de Santa Comba, Mazaricos e Negreira; Concellos de Dumbría e Muxía; Concellos de Meaño, Meis e Ribadumia; Concellos de Vimianzo, Camariñas e Zas e os concellos da Guarda, Tomiño e O Rosal.
Queda restrinxida a entrada e saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais:
Concello de Lugo; Concello de Sarreaus; Concello de Redondela; Concello de Cangas; Concello de Ponteareas; Concello de Boiro; Concello da Rúa; Concello de Moaña; Concello de Tui; Concello de Vilalba; Concello de Cambados; Concello das Pontes de García Rodríguez; Concello de Santiago de Compostela; Concello de Ribeira; Concello de Bueu; Concello de Baiona; Concello de Soutomaior; Concello de Vilaboa; Concello de Cercedo-Cotobade; Concello de Ponte Caldelas; Concello de Carnota; Concello da Illa de Arousa; Concello de Rodeiro; Concello de Fisterr e o concello de Vilagarcía de Arousa.
A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará condicionada a que non se supere o número máximo de catro persoas, agás que se trate de persoas conviventes, nos concellos seguintes:
Ferrol e Narón; Vigo, Mos, Nigrán, O Porriño e Gondomar; Vilagarcía de Arousa; A Rúa; Pontevedra, Marín e Poio; Cangas; Carnota; Meis, Meaño e Ribadumia; Dumbría e Muxía; Vimianzo, Camariñas e Zas; Sarreaus; A Illa de Arousa; Vilaboa; Rodeiro; Fisterra; Santa Comba, Mazaricos e Negreira; A Guarda, Tomiño e O Rosal; Ribeira; Sanxenxo e O Grove; Tui; Ponteareas; Moaña; Vilalba; Bueu; Redondela; Baiona; Cambados; As Pontes de García Rodríguez e Boiro.
No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo a que se refire o parágrafo anterior será de catro persoas.
Esta limitación non será de aplicación no caso de actividades laborais. Institucionais, empresariais,, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así coma no caso da práctica de deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
Estas novas medidas entrarán en vigor desde as 00:00 horas de día 17 de decembro de 2020.