Queda restrinxida a entrada e saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais delimitados de forma conxunta:

Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos da Coruña, Culleredo, Arteixo e Cambre; dos concellos de Pontevedra, Marín e Poio; dos concellos de Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar, O Porriño e Redondela; dos concellos de Sanxenxo e O Grove; dos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Negreira; dos concellos de Vimianzo, Camariñas e Zas; dos concellos da Guarda, Tomiño e O Rosal; dos concellos de Noia e Lousame; dos concellos de Verín, Monterrei, Cualedro e Castrelo do Val; dos concellos de Ourense e Barbadás e do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo.

Queda restrinxida a entrada e saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais:

Concello de Sarreaus; Concello de Porto do Son; Concello de Cangas; Concello de Boiro; Concello da Rúa; Concello de Moaña; Concello de Tui; Concello de Vilalba; Concello de Cambados; Concello de Ferrol; Concello de Ribeira; Concello de Bueu; Concello de Baiona; Concello de Soutomaior; Concello de Meaño; Concello de Dumbría; Concello de Narón; Concello da Illa de Arousa; Concello de Fisterra; Concello de Vilagarcía de Arousa; Concello de Rianxo; Concello de Viveiro; Concello de Carral; Concello da Pobra do Caramiñal; Concello de Xove; Concello de Muros; Concello de Xinzo de Limia; Concello de Outes e Concello de Barro.

A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará condicionada a que non se supere o número máximo de catro persoas, agás que se trate de persoas conviventes, nos concellos seguintes:

Ferrol; Vigo, Mos, Nigrán, O Porriño, Gondomar e Redondela; Vilagarcía de Arousa; A Rúa; Pontevedra, Marín e Poio; Cangas; Meaño; Dumbría; Vimianzo, Camariñas e Zas; Sarreaus; A Illa de Arousa; Outes; Fisterra; Santa Comba, Mazaricos e Negreira; A Guarda, Tomiño e O Rosal; Ribeira; Sanxenxo e O Grove; Tui; Barro; Rianxo; Vilalba; Bueu; Porto do Son; Baiona; Cambados; Boiro; Noia e Lousame; Verín, Monterrei, Cualedro e Castrelo do Val; Viveiro; Carral; A Pobra do Caramiñal; Xove; Muros; Xinzo de Limia; A Coruña, Culleredo, Arteixo e Cambre; Ourense e Barbadás e Santiago de Compostela, Ames e Teo.

No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo a que se refire o parágrafo anterior será de catro persoas.

Esta limitación non será de aplicación no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais,, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así coma no caso da práctica de deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

Entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00:00 horas e o día 1 de febreiro de 2021 ás 00:00 horas establécese unha limitación de entrada e saída na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para aqueles desprazamentos debidamente xustificados.

Estas novas medidas entrarán en vigor desde as 00:00 horas de día 9 de xaneiro de 2021.

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN