O Concello de Outeiro de Rei está rematando os traballos para habilitar ao carón da nave de servizos municipal do parque empresarial, un espazo para o intercambio, restauración e autorreparación de obxectos, co obxectivo de alongar a vida útil dos mesmos.
Como punto de arranque deste proxecto, o Concello organiza dous cursos que se desenvolverán neste espazo a partir do próximo mes:
CURSO DE RECICLAXE DE MOBLES (pintado, tapizado…)
- Duración: Do 21/10/2021 ao 12/11/2021
- Horario: XOVES e VENRES, de 16:15 A 19:15 h
- Nº de prazas: 10
- Cota: gratuíta
- ver programa
Actividade dirixida á reciclaxe e á restauración de mobles.
CURSO DE REPARACIÓN DE XOGUETES
- Duración:: Do 16/10/2021 ao 13/11/2021
- Horario: SÁBADOS, de 10:00 a 13:00 h
- Nº de prazas: 10
- Cota: gratuíta
- ver programa
Este curso permitirá ás persoas participantes reparar xoguetes actuais (por exemplo, coches teledirixidos e outros moitos con mecanismos máis sinxelos) e tamén restaurar xoguetes antigos.
As persoas interesadas en participar poden realizar a súa solicitude na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no 982 393 408; o prazo estará aberto do 23/09/2021 ao 14/10/2021.
Dentro deste proxecto está previsto que o día 14 de outubro teña lugar unha xornada sobre economía circular e reciclaxe e a presentación do espazo de autorreparación e intercambio de obxectos; neste caso, a cita terá lugar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ás 11:00 h.
Este proxecto obtivo subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (programa operativo FEDER Galicia 2014-2020) da Unión Europea.