O Concello de Outeiro de Rei colabora con CAMPO LAB na celebración da I XORNADA DO CASTIÑEIRO PRODUTOR DE CASTAÑA que terá lugar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei o sábado 1 de outubro a partir das 9:30 h e ata as 20:30 h.

Nesta xornada abordaranse, entre outros temas, o tratamento e manexo de soutos, a tolerancia das plantas de castaño a enfermidades como o chancro e a avispilla, experiencias de I+D+i na conservación e xestión do castaño no Bierzo ou a adaptación dos soutos ao cambio climático.

As inscricións para participar nesta xornada formativa gratuíta poden realizarse a través no whatsapp 654 142 938 ou no enderezo electrónico campolabsl@gmail.com

PROGRAMA I XORNADA DO CASTIÑEIRO PRODUTOR DE CASTAÑA