O Concello de Outeiro de Rei colabora co Sindicato Labrego Galego na posta en marcha dun CURSO DE PLANTAS AROMÁTICAS E MEDICINAIS de 14 h de duración , no que as persoas participantes realizarán saídas para a identificación e recollida de plantas e adquirirán coñecementos sobre o seu procesamento e utilidades.
O curso está previsto que se realice os días 11, 18 e 25 de xuño e o 2 de xullo en horario de 16:30 h a 20:00 h.
Para anotarse ou recibir máis información poden chamar ao 982 231 154 ou ao 982 393 408; este curso é gratuíto e o prazo de inscrición estará aberto do 27 de maio ao 7 de xuño.