Os días 13, 14 e 15 celebrarase a 3ª edición do #AteneoMóvil2019 organizado polo Grupo de Investigación en Ciencias Sociais Tecnolóxicas da Universidade a Distancia de Madrid (UDIMA) e na cal colabora o Concello de Outeiro de Rei.

Estas xornadas académicas buscan que os seus participantes, persoas de perfís transversais e diferentes, compartan ideas co fin de construír planteamentos mediante a visita a diferentes actividades, todas comprendidas dentro dun entorno rural. O impacto desta iniciativa medirase con fins de investigación académica.

Neste contexto, este venres a partir das 17:30 h o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, dará a benvida na Casa da Cultura aos participantes desta edición e a continuación terá lugar a conferencia XEOPOLÍTICA DO BALEIRO XENERACIONAL E OS SEUS CONTRASTES: ONDE ESTÁN OS XOVES? a cargo de Fernando López Mora, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Córdoba á que seguirá unha táboa redonda sobre REFLEXIÓNS CONTEMPORÁNEAS SOBRE A CONFIGURACIÓN DO MUNDO ACTUAL na que intervirán as persoas seguintes:

Ana Landeta Ph.D Director General Relacións Internacionais e Profesora Universidad UDIMA
José Antonio Álvarez Profesor URJC
Adolfo Castilla Ph.D. Catedrático de Economía Aplicada (UC)
Agustín Baamonde. Abogado
Juan Manuel Zafra. Director TELOS, Fundación Telefónica. Profesor Universidad Carlos III
Gonzalo Ortiz Diez-Tortosa. Diplomático
Servando de la Torre Ph. D. Diplomático
Álvaro Alzina. Profesor URJC
Liu Yang. Abogado. Facilitador intercultural
Modera:
Felipe Debasa Ph.D. Profesor URJC

Está xornada está aberta á participación de calquera persoa interesada no tema, ata completar aforo.