Situación e división parroquial
O Concello de Outeiro de Rei está situado na parte centro-occidental da provincia de Lugo, a 11 km da capital provincial. Limita polo norte cos concellos de Begonte, Cospeito e Rábade; polo leste co de Castro de Rei; polo sur co de Lugo e polo oeste co concello de Friol.
Forma parte da comarca de Lugo e da Mancomunidade de Municipios da Terra Chá na que se inclúen ademais os municipios de Abadín, Castro de Rei, Pastoriza e Cospeito. Desde o punto de vista xeográfico está integrado na unidade da Terra Chá lucense.
Xeograficamente está situado a 43º05’7’’ de latitude norte e a 7º36’7’’ de lonxitude oeste, sendo a súa extensión, de 134,20 km2.
Conta con 5296 habitantes, 2718 homes e 2578 mulleres, distribuídos nas 173 aldeas nas que se organizan as 27 parroquias que compoñen o Concello: (Datos referidos á última revisión do Padrón, 01/01/2022).
A capital do municipio sitúase en San Xoán de Outeiro de Rei. Cunha extensión de 3,2 km2 constitúe a segunda maior entidade de poboación, despois de Guillar, con 767 veciños/as distribuídos nos barrios de Barciela, Outeiro de Rei, Santa Isabel, Cantón e A Palloza.
Relación de parroquias e núcleos de poboación:
Arcos (San Pedro)
Lugares (6): Bullas, A Cabana, O Cruceiro, O Pecouzo, A Torre, O Bidral.
Aspai (San Cibrao)
Lugares (5): Aspai, O Carballal, A Laxe, Province, Santa Comba.
Bonxe (San Mamede)
Lugares (9): Bouzas, Caxigal, Eirexe, Restriz, A Subida, Veiga, Vigo, O Granxo, As Lombas.
Caboi (San Martiño)
Lugares (4): Astariz, Caboi, Fontela, O Mato.
Candai (San Vicente)
Lugares (8): Candai de Abaixo, Candai de Arriba, Currás, Lavadoiro, Mangoeiro, As Penas, Piñeiro, Susavila.
Castelo de Rei (San Salvador)
Lugares (3): Castelo, As Reboleiras, Bieite.
Cela (Santa María)
Lugares (10): A Casanova, Fompedriña, Formistán, As Hortas, Meidonín, Quintián, O Regueiro, Trabanca, Veiguicela, Ver.
Folgueira (San Nicolás)
Lugares (4): Barrio de Abaixo, Barrio de Arriba, Espiñeiro, O Pozo.
Francos (Santiago)
Lugares (3): Francos, Maúnfe, Reboreda.
Guillar (San Martiño)
Lugares (12): Buxán, O Castro, Guillar, Matelos, San Martiño, Marcelle, O Salete, Os Alargos, Cupeiro, A Ponte Nova, Urbanización Os Alargos, Urbanización O Salete.
Martul (San Pedro)
Lugares (2): Cartel, Martul.
Matela (Santa María Madanela)
Lugares (5): Albarón, Malde, Matela, A Granda Pequena, As Rozas.
Mosteiro (San Salvador)
Lugares (10): Carballido, Couso, Felmil, Ferreira, O Granxo, O Hedrado, Maceda, Outón, Casa do Monte, Carballido de Arriba.
Outeiro de Rei (San Xoán)
Lugares (6): Barciela, Outeiro de Rei, Parque empresarial, Santa Isabel, Cantón, A Palloza.
Parada (San Xoán)
Lugares (7): Gondai, As Latas, Parada, O Pazo, San Paio, Seivane, Pascuais.
Robra (San Pedro Fiz)
Lugares (11): Alvite, Brandián, Francos, Penelas, Piago, Robra, Barciela, A Corredoira, A Franca, Leiros Largos, As Pontellas.
San Clodio de Aguiar (San Clodio)
Lugares (2): A Balsa, San Clodio.
San Fiz de Paz (San Pedro Fiz)
Lugares (12): Abeladoira, Agüeiros, O Castro, Liñares, Montemaior, Paz, Penadedra, Porto do Vao, Riasco, Vilar, Guimarás, Xunto da Igrexa.
San Lourenzo de Aguiar (San Lourenzo)
Lugares (4): O Couto, O Picato, Redondiña, Saa.
San Tomé de Gaioso (San Tomé)
Lugares (3): Algar, Cachopeiro, San Tomé.
Santa Mariña (Santa María)
Lugares (5): Felpás, O Pedragoso, Santa Mariña, Sinoga, Guimarei.
Santiago de Gaioso (Santiago)
Lugares (6): A Feira, Eirexa, Lama, Longarela, A Ponte, Xueus.
Silvarrei (San Xoán)
Lugares (5): Constante, Pape, Silvarrei, Cabanas, Leiros Largos.
Sobrada de Aguiar (Santa María Madanela)
Lugares (8): Cancela, A Carreira Vella, Curutín, Faxilde, Gabín, Laxe, Piñeiro, A Torre.
Taboi (San Pedro)
Lugares (9): Fontela, Fraiz, Xigán, Pacio, O Pasadoiro, O Pereiro, A Peroxa, Trasfonte, San Marcos.
Vicinte (Santa María)
Lugares (7): Bravos, Bustelo, As Carballeiras, A Insua, Sancroio, Vicinte, Vilarelle.
Vilela (Santiago)
Lugares (7): As Cavadas, A Laciana, Veigadolga, Vilela Grande, Vilela Pequena, O Fin, A Saleta.