Relevo

Vista dende a Cruz de Paraños

O termo municipal de Outeiro de Rei está situado no extremo sur occidental da Comarca da Terra Chá, constituíndo a parte meridional da meseta lucense. Tal e como revela o seu nome, a chaira é unha extensa plataforma lisa, aínda que salpicada de outeiros e leves ondulacións.

Asentado sobre un val de orixe tectónico formado por lousas paleozoicas (con orixe hai 400 millóns de anos) con pequenas incrustacións de granito, e estes á súa vez cubertos por amplos depósitos terciarios e cuaternarios (arxilas, areas, gravas…), pódense observar no seu relevo 3 unidades xeográficas ben diferenciadas: superficies aplanadas (chairas), depresións tectónicas e vales fluviais.

A zona central e oriental do municipio está dominada pola penechaira lucense, que presenta unha altitude media de 400 m sobre o nivel do mar e é bastante homoxénea, aparecendo tan só algún outeiro residual. Nos seus límites dentro do municipio, a meseta ascende en forma de pequenas serras cara á parte occidental do municipio e tamén cara á parte sueste limitando con Lugo; nestes espazos é onde se concentran principalmente as altitudes máis elevadas do municipio.

Algúns dos accidentes xeográficos que superan a citada altitude media son:

Monte Lourido (636 m)

Gaioso (Santo Tomé)

A Curutela (631 m)

Gaioso (Santiago)

Cordal dos Penedos (636 m)

Vicinte (Santa María)

Cordal de Porriño (629 m)

Gaioso(SantoTomé)

Cruz de Paraños (614 m)

Gaioso (Santiago)

Cordal de Candas (605 m)

Candai (San Vicente)

Cordal do Penedo (579 m)

Gaioso (Santo Tomé)

Cordal de Penelas (566 m)

Bonxe (San Mamede)

Coto de Province (550 m)

Vicinte (Santa María)

Monte Queimado (539 m)

Aguiar (San Clodio)

Cordal Ardellal (539 m)

Mosteiro (O Salvador)

Castelo do Ferreiro (502 m)

Francos (Santiago)

Cordal Chinto (500 m)

Martul (San Pedro)

Cordal Acea (490 m)

Mosteiro (O Salvador)

Pena de Rodas (484 m)

Gaioso (Santiago)

Picato do Asno (453 m)

Parada (San Xoán)

Alto de Parada (447 m)

Parada (San Xoán)

Cordal de Santa María (444 m)

Silvarrei (San Xoán)

Cordal Tras As Rozas (435 m)

Silvarrei (San Xoán)

Montes do Agro de Escairos (434 m)

Folgueira (San Nicolás)

Agro de Paradela (400 m)

Gaioso (Santiago)

Rozas do Cruceiro (400 m)

Taboi (San Pedro)