Xoán Montes

Se ben este gran compositor e impulsor do rexurdimento cultural galego do século XIX, naceu na cidade de Lugo, a súa casa orixinaria atópase en San Fiz de Paz, concretamente no barrio da Igrexa, a uns cen metros da casa reitoral e fronte ó cruzamento do Camiño Real a Mondoñedo coa estrada local de Outeiro de Rei a Rozas; se ben tamén sabemos que os seus tatara-taravós [Carlos Cayetano Corredoira e Tomasa López] procedían de San Pedro de Arcos.