Vías de comunicación

Outeiro de Rei é atravesado pola N-VI, Madrid- A Coruña e tamén pódese acceder facilmente ao municipio a través da Autovía do Noroeste  A-6 (Madrid- A Coruña, saída  km 507). Así mesmo, conta cun bo número de pistas e estradas secundarias que permiten que a comunicación dentro de Outeiro de Rei sexa fácil e rápida.

Autovía A-6
N- VI
LU-115
LU-115

As principais estradas que pasan polo municipio son:

A‐6 (Autovía do Noroeste):  Autovía que comunica Madrid con A Coruña.
Trazado: Madrid – Tordesillas – Benavente – Astorga – Ponferrada – Lugo – A Coruña.

N-VI:  Estrada nacional que comunica Madrid con A Coruña.
Trazado: Madrid – Tordesillas – Benavente – Astorga – Ponferrada – Lugo – A Coruña.

LU‐115: Estrada autonómica que comunica Outeiro de Rei con Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei).
Trazado: Outeiro de Rei – Sobrada‐ Castro de Ribeiras de Lea.

LU‐1107: Estrada provincial que comunica Outeiro de Rei con Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei).
Trazado: Outeiro de Rei – Taboi – Castro de Ribeiras de Lea.

LU‐3906: Estrada provincial que comunica Bonxe (Outeiro de Rei) con Rozas (Castro de Rei).
Trazado: Bonxe – Mosteiro – Paz – Arcos – Rozas.

LU‐2905: Estrada provincial que comunica Aspai (Outeiro de Rei) con Ombreiro (Lugo).
Trazado: Aspai – Parada – Ombreiro.

LU‐5101: Estrada provincial que comunica Rábade con Ousá (Friol).
Trazado: Rábade – Francos – Aspai – Vicinte – Ousá.

LU‐3908: Estrada provincial que comunica as parroquias de Guillar e Martul (Outeiro de Rei).

Polo que respecta ao transporte de viaxeiros, existen varias empresas de autobuses con parada en varios puntos do concello (a principal, a empresa de autobuses Arriva)  e ademais hai dous servizos de taxi con parada na capitalidade do concello (San Xoán de Outeiro de Rei) e un terceiro con parada na parroquia de Robra, neste caso cun vehículo adaptado ás persoas con mobilidade reducida.

Por último, mencionar que a liña de ferrocarril Palencia-Coruña  discorre polo concello e dá servizo á empresa Coren S.A. a través dun peirao de carga de mercadorías localizado na parroquia de Bonxe.

As distancias ás principais cidades do seu entorno (tomando como referencia a capitalidade do municipio) son:

A Coruña

79 Km.

Ferrol

84 Km.

Lugo

11 Km.

Ourense

101 Km.

Oviedo

226 Km.

Pontevedra

147 Km.

Santiago de Compostela

97 Km.

Vigo

170 Km.

Concello de Outeiro de Rei
Revisión de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo para comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.

Para máis información consulte Política de cookies.