O Concello de Outeiro de Rei xunto cos Concellos de Friol, Rábade, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Abadín e Mondoñedo ten concedido o Programa Integrado de Emprego do Concello de Outeiro de Rei 2024/25 dirixido a persoas desempregadas dentro dos seguintes colectivos: con discapacidade, en risco de exclusión social, migrantes con autorización de residencia temporal, vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación e menores de 30 anos cualificadas.

Este programa promovido polo Concello de Outeiro de Rei conta cun financiamento dos fondos públicos da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e do Servizo Público de Emprego Estatal de 220.000€.

As accións que se levarán a cabo durante o programa, entre outras, son as seguintes: información, orientación e asesoramento, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, prospección empresarial, prácticas profesionais non laborais, formación (competencias dixitais, condución de carretilla elevadora, manipulador de alimentos, xestión de residuos, acompañante de transporte escolar, etc).
Facilitarase a existencia de medidas de conciliación para favorecer a asistencia ás accións do programa así como todas as persoas demandantes que participen no programa integrado de emprego terán dereito a percibir unha bolsa consistente en 10 euros por día de asistencia ás accións do programa.

O obxectivo de inserción laboral é do 35 % conforme ao contido mínimo da instrución para o inicio das accións.

As persoas desempregadas interesadas en participar no programa integrado de emprego deberán estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego Estatal e para participar no mesmo deberán poñerse en contacto co Concello de Outeiro de Rei, en horario de 9:00 h a 15:00 h, no teléfono 663 915 957.