O pasado venres, día 30/01/2026, tivo lugar o acto homenaxe aos irmáns Aurelio e Vitorino Díaz Hortas, vítimas dos campos de concentración nazis.
Un acto cheo de emotividade no participaron como estaba previsto o alcalde, José Pardo Lombao, o representante da ARMH, Miguel Freire e Encarna Díaz, filla e sobriña dos dous veciños da parroquia de Mosteiro en cuxa memoria quedaron colocadas sendas pedras da memoria ao carón do Concello de Outeiro de Rei; ademais, Sara Martínez interpretou co violín as pezas Kol Nidrei, de Max Bruch e Cant des Ocells, arr. Pau Casals e Maruxa Boquete recitou o poema de Primo Levi Se isto é un home.
A cerimonia contou tamén coa presenza de membros da Corporación Municipal do Concello de Outeiro de Rei, familiares dos homenaxeados, algúns non coñecidos ata ese momento por Encarna, veciños e público que quixeron estar presentes neste acto de recoñecemento.
AURELIO DÍAZ HORTAS – Deportados Lugo
VITORINO DÍAZ HORTAS – Deportados Lugo
A HOMENAXE A AURELIO E VITORINO DÍAZ HORTAS EN IMAXES

