
O Concello de Outeiro de Rei organiza unha formación gratuíta sobre coidados básicos para persoas dependentes dirixida a persoas coidadoras, tanto aquelas que exercen este papel de xeito informal como de forma profesional, así como á poboación xeral que poda estar interesada.
A formación, de carácter gratuíto, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei o día 7 de novembro de 2025 de 16:30 a 19:00 h.
Os obxectivos desta formación son:
Dotar de habilidades ás persoas coidadoras das persoas maiores dependentes, así como proporcionar ferramentas e coñecementos para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar; para iso, abordaranse temas de coidados básicos na alimentación, hixiene, coidados da pel, etc., así como xestión de medicación e adaptacións do fogar entre outros.
A persoa encargada de impartir a formación será Olga Roca, enfermeira da área sanitaria de Lugo, a través da Escola Galega de Saúde para cidadáns.
Para inscribirse existen diversas vías (ata 31 de outubro)
- Web da Escola Galega de Saúde para cidadáns, https://escolasaude.sergas.es/
- Teléfonos: Concello de Outeiro de Rei
Servizos Sociais
Dpto. de prevención condutas adictivas. - No seguinte formulario: https://forms.gle/RnEQGyMLzrUMLwEz6

