O mércores día 5 de xuño, con motivo do Día Mundial do Medioambiente, terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei ás 20:00 h a charla PROTECCIÓN E COIDADO DO MEDIO AMBIENTE (concienciación, vertidos, conservación de espazos naturais) que será impartida por José Fernández Teijeiro, enxeñeiro técnico forestal formado na especialidade de xestión de montes.
Este acto está subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Outeiro de Rei colabora na posta en marcha do mesmo e anima a todas as persoas interesadas a asistir.
Novas CHARLA SOBRE PROTECCIÓN E COIDADO DO MEDIO AMBIENTE