O Concello de Outeiro de Rei organiza unha charla co fin de informar sobre as AXUDAS PARA A CREACIÓN DE SUPERFICIES FORESTAIS convocadas pola Consellería de Medio Rural e cuxo prazo de solicitude remata o 18/02/2019.

Paralelamente, falarase sobre a ACTIVIDADE RESINEIRA COMO COMPLEMENTO AO APROVEITAMENTO DA MADEIRA DE PIÑEIRO.
A charla será impartida por persoal técnico da consultoría forestal FORESIN e as persoas que asistan a está xornada poderán inscribirse de forma gratuíta nunha visita guiada a explotacións forestais.
A xornada, de portas abertas, celebraráse o venres día 1 de febreiro de 2019, en horario de 19:30 h a 21:00 h no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei.

– Descargar cartel