O MÉRCORES 11 de MARZO, ás 11:30 horas no Salón de Actos da Casa de Cultura, terá lugar unha charla informativa da Garda Civil, dentro do PLAN MAIOR SEGURIDADE, onde se tratará de amosar os principais riscos dos nosos e nosas maiores e se aportarán unha serie de consellos para previlos, co obxectivo de ter unha maior seguridade e un maior benestar.

Entre outros temas tratarase sobre accidentes, seguridade vial, medidas de autoprotección, estafas, riscos etc.

Pódese acadar máis información no tfno. 982 393 281 (Servizo Sociais do Concello de Outeiro de Rei).