A Biblioteca Pública Municipal de Outeiro de Rei convoca a fase local do Certame de poesía infantil “Nadal 2023” organizado pola Biblioteca Pública de Lugo co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.
Poderá participar calquera neno ou nena, rapaz ou rapaza ata os 16 anos de idade con poemas escritos en galego sobre o tema “O Nadal”, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; o traballo acompañarase do anexo I cuberto cos datos da persoa autora do traballo.
Establécense as seguintes categorías:
-
- Categoría A: ata 8 anos
- Categoría B: de 9 a 11 anos
- Categoría C: de 12 a 16 anos
O prazo de presentación rematará o vindeiro 22 de decembro de 2023, debendo ser entregados na Biblioteca Pública de Outeiro de Rei.