Andaina popular contra a violencia de xénero do Concello de Outeiro de Rei

Tal e como estaba previsto, este sábado 26 de novembro dentro da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero organizada polo Concello de Outeiro de Rei tivo lugar unha andaina popular contra a violencia de xénero.

As persoas participantes na mesma guiadas pola concelleira de Deportes, Pilar Méndez Lombao, fixeron un percorrido pola insua de Seivane, e tiveron un recordo moi especial para as mulleres e menores falecidos vítimas de violencia de xénero e para todas aquelas persoas que a sofren.

Durante a mesma, a concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo, realizou a lectura do MANIFESTO INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI CO MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER aprobado pola Xunta de Goberno Local o día 25/11/2022.

 

MANIFESTO INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI CO MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER