O pasado sábado 25 de novembro con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e dentro das actividades da campaña contra a violencia de xénero organizadas polo Concello de Outeiro de Rei, tivo lugar unha andaina popular contra a violencia de xénero.
As persoas participantes na mesma guiadas por segundo ano consecutivo pola concelleira de Deportes, Pilar Méndez Lombao, fixeron un percorrido pola senda Outeiro de Rei-Guillar pasando tamén polo Campo de Santa Isabel, e tiveron un recordo sempre moi especial para as mulleres e menores falecidos vítimas de violencia de xénero e para todas aquelas persoas que a sofren.
Ao remate da mesma, a concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo, realizou a lectura dun MANIFESTO INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.