Cela (Santa María)
Parroquia do arciprestado de Aguiar e da diocese de Lugo. Delimitada polas parroquias de Taboi (E), Folgueira (SE) e Matela (S) e polo concello de Cospeito (N e NE), de Rábade (SO), e de Begonte (O e NO); presenta unha extensión de 5,6 km2 e dista 4,4 km da capital do municipio.
Esta parroquia presenta 10 barrios:
Bañada polo río Miño, o río Negro e os regos de Lamafría e do Pedragoso. Destaca a presenza no seu termo da insua máis extensa do municipio, a Insua de San Roque, á cal na antigüidade levábase a pacer o gando que era transportado en barcas, chegando a xuntarse neses tempos ata 50 embarcacións; así como dun cruceiro no barrio de Meidonín, que de acordo a inscrición do seu fuste foi construído en 1885.
O pasado histórico de Cela remóntase, se tomamos como fonte historiográfica o “Argos Divina” de Pallares y Gayoso, á época da dominación romana, tempo no que, de acordo ao exposto por este autor, a parroquia recibirá o nome de Aguas Celenas. Xa na Reconquista da provincia, realizada polo bispo Odoario aos árabes, Cela foi o lugar elixido para iniciar esta tarefa, grazas o seu valor estratéxico.
Unha torre sita no seu territorio e construída polo Mariscal Pardo de Cela foi derrubada durante a guerra dos irmandiños, sendo o único vestixio do seu pasado señorial o chamado Pazo de Cela, con escudo de armas, sito en Fompedriña.
Festividades:
Festa na honra á Virxe da Ascensión (o 15 de agosto).
Antigamente festexábase tamén o San Bieito e o San Roque.