Candai (San Vicente)

Parroquia pertencente ao arciprestado de Narla e á diocese de Lugo. Limita coas parroquias de Santiago de Gaioso (N), Francos (NE e E), Aspai (SE), Vicinte (S e SO) e Santo Tomé de Gaioso (O e NO); presenta unha extensión de 6,2 km2 e dista 9,6 km da capital do municipio.

Presenta 8 barrios:

  • Candai de Abaixo
  • Candai de Arriba
  • Currás
  • Lavadoiro
  • Mangoeiro
  • As Penas
  • Piñeiro
  • Susavila

Situada á marxe dereita do Miño, circulan polas súas terras os regos das Chairas, de Denlle e de Province e alcanza a súa máxima altitude no Cordal de Candas (605 m). En canto a súa riqueza histórico-arqueolóxica mencionar a existencia dun reducido número de mámoas (3 – 4) no chamado Monte de Candai, así como a súa igrexa parroquial (barroca), reedificada no 1877 sobre os cimentos dunha anterior probablemente de orixe románico.

Festividades:

O 22 de xaneiro celébrase o San Vicente. O 13 de xuño celébrase o San Antonio.
Antigamente facíanse dúas festas máis:
• A Nosa Señora (15 de agosto).
• A Santa Lucía (13 de decembro).