Dentro da campaña de sensibilización que organiza o Concello de Outeiro de Rei con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES están previstas varias actuacións:
- A realización o domingo 24 de novembro dunha ANDAINA POPULAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO pola ruta Penas de Rodas_Miradoiro de Paraños; a andaina partirá ás 11:00 h de Penas de Rodas e está aberta á participación de todas as persoas que queiran camiñar conxuntamente para apoiar a loita contra a lacra social que supón a violencia contra as mulleres.
As persoas interesadas poden inscribirse na Casa da Cultura en horario de mañá ata o venres 22 de novembro, tfno.: 982 393 408.
- Paralelamente, dentro da campaña de sensibilización deste ano, emitiranse a partir do día 21 cuñas de radio en varias emisoras e tamén está previsto que se publique o luns 25 de novembro un anuncio nos diarios El Progreso, La Voz de Galicia e El Correo Gallego.
- Ao igual que en anos anteriores, vanse repartir gratuitamente bolsas reutilizables conmemorativas desta data. As persoas interesadas poden solicitar a súa nas oficinas municipais do Concello o próximo venres día 22 e ata esgotar existencias. Este material tamén estará dispoñible para a súa recollida na Casa da Cultura e no Centro Médico. Nesta distribución colaboran tamén os seguintes establecementos comerciais:
- SUPERMERCADO CLAUDIO
- FARMACIA FERNANDO PENAS Y MARTA PUENTE, C.B.
- PANADERÍA OUSÁ
- FARMACIA CORTIZAS
Igualmente, repartiranse a través de nenos e nenas usuarios da Escola Infantil Municipal e do servizo de Conciliación Familiar.
O obxectivo con este tipo de accións sempre é o mesmo: sensibilizar e concienciar á poboación para evitar a lacra social que supón a violencia de xénero.
Estas accións están financiadas polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e polo propio Concello de Outeiro de Rei.
TELÉFONOS DE INTERESE EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Teléfono da muller de Galicia | 900 400 273 |
Atención a vítimas de malos tratos | 016 |
Teléfono de urxencias | 112 |
Xulgado de Violencia de Xénero (Lugo) | 982 294 735 |
Traballadora social do Concello de Outeiro de Rei | 982 393 281 |