Dentro da campaña de sensibilización que organiza o Concello de Outeiro de Rei con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO están previstas varias actuacións:

  • A realización o sábado 26 de novembro dunha ANDAINA POPULAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO POLA RUTA DA INSUA DE SEIVANE; a andaina partirá ás 11:00 h da Ponte Colgante de Parada e está aberta á participación de familias e persoas sensibles que apoian a loita contra a lacra social que supón este tipo de violencia.

As persoas interesadas poden inscribirse na Casa da Cultura  en horario de mañá ata o xoves  24 de novembro, tfno.: 982 393 408.

  • Por outro lado, nenos e nenas do servizo municipal de conciliación familiar están a traballar na elaboración dunha canción que será editada e gravada con motivo do 25N e posteriormente será dada a coñecer a través da web municipal.
  • Igualmente, dentro da campaña de sensibilización deste ano estanse emitindo cuñas de radio en varias emisoras e tamén está previsto que se publiquen o venres 25 de novembro sendos anuncios nos diarios El Progreso e La Voz de Galicia.
  • Ao igual que en anos anteriores, vanse repartir gratuitamente bolsas reutilizables conmemorativas desta data. As persoas interesadas poden solicitar a súa nas oficinas municipais do Concello o próximo venres día 25 e ata esgotar existencias. Este material tamén estará dispoñible para a súa recollida na Casa da Cultura e no Centro Médico. Nesta distribución colaboran tamén os seguintes establecementos comerciais:
  • SUPERMERCADO CLAUDIO
  • FARMACIA FERNANDO PENAS Y MARTA PUENTE, C.B.
  • PANADERÍA OUSÁ
  • FARMACIA CORTIZAS

Igualmente, repartiranse a través de nenos e nenas usuarios da Escola Infantil Municipal e do servizo de Conciliación Familiar.

O obxectivo con este tipo de accións sempre é o mesmo: sensibilizar e concienciar á poboación  para evitar a lacra social que supón a violencia de xénero.

Estas  accións están financiadas polo Ministerio de Igualdade  a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e polo propio Concello de Outeiro de Rei.

TELÉFONOS DE INTERESE EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Teléfono da muller de Galicia 900 400 273
Atención a vítimas de malos tratos 016
Teléfono de urxencias 112
Xulgado de Violencia de Xénero (Lugo) 982 294 735
Traballadora social do Concello de Outeiro de Rei 982 393 281