Dentro da campaña de sensibilización que realiza este ano o Concello de Outeiro de Rei con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO este xoves terá lugar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ás 17:00 h a charla PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO E DA DISCRIMINACIÓN CONTRA A MULLER impartida pola sarxento da Garda Civil ANA ISABEL CALEYA ORTIZ, formadora do Equipo do Plan Director da Garda Civil de Lugo especializada en temáticas de igualdade e violencia de xénero.
Paralelamente, estanse emitindo cuñas de radio en varias emisoras e igualmente, está previsto que se publiquen este xoves sendos anuncios nos diarios El Progreso e La Voz de Galicia. O obxectivo con este tipo de accións sempre o mesmo: sensibilizar e concienciar á poboación para evitar a lacra social que supón a violencia de xénero.
Tamén, igual que en anos anteriores, vanse repartir gratuitamente bolsas reutilizables conmemorativas desta data. As persoas interesadas poden solicitar a súa nas oficinas municipais do Concello este xoves e ata esgotar existencias. Este material tamén estará dispoñible para a súa recollida na Casa da Cultura, e no Centro Médico. Nesta distribución colaboran tamén os seguintes establecementos comerciais:
- SUPERMERCADO CLAUDIO
- FARMACIA FERNANDO PENAS Y MARTA PUENTE, C.B.
- PANADERÍA OUSÁ
- FARMACIA CORTIZAS
Igualmente, repartiranse a través de nenos e nenas usuarios da Escola Infantil Municipal e do servizo de Conciliación Familiar.
Estas accións están financiadas polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e polo propio Concello de Outeiro de Rei coa salvedade da charla que está financiada polo Ministerio do Interior.
TELÉFONOS DE INTERESE EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO
| Teléfono da muller de Galicia | 900 400 273 |
| Atención a vítimas de malos tratos | 016 |
| Teléfono de urxencias | 112 |
| Xulgado de Violencia de Xénero (Lugo) | 982 294 735 |
| Traballadora social do Concello de Outeiro de Rei | 982 393 281 |


