Dentro da campaña de sensibilización que organiza o Concello de Outeiro de Rei con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES están previstas varias actuacións:

  • A realización o domingo 23 de novembro dunha ANDAINA POPULAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO pola senda Outeiro de Rei-Guillar; a andaina partirá ás 11:00 h da Praza do Concello, que é o punto de encontro, e está aberta á participación de todasas persoas que queiran camiñar conxuntamente para apoiar a loita contra a lacra social que supón a violencia contra as mulleres.

As persoas interesadas poden recibir máis información na Casa da Cultura, tfno.: 982 393 408.

  • Paralelamente, dentro da campaña de sensibilización deste ano, emitiranse a partir do día 21 cuñas de radio en varias emisoras e tamén está previsto que se publique o martes 25 de novembro un anuncio nos diarios El Progreso, La Voz de Galicia e El Correo Gallego.
  • Ao igual que en anos anteriores, vanse repartir gratuitamente bolsas reutilizables conmemorativas desta data. As persoas interesadas poden solicitar a súa nas oficinas municipais do Concello a partir do martes 25 e ata esgotar existencias. Este material tamén estará dispoñible para a súa recollida na Casa da Cultura e no Centro Médico. Nesta distribución colaboran tamén os seguintes establecementos comerciais:
  • SUPERMERCADO PETEIRA
  • FARMACIA FERNANDO PENAS Y MARTA PUENTE, C.B.
  • PANADERÍA OUSÁ
  • FARMACIA CORTIZAS

Igualmente, repartiranse a través de nenos e nenas usuarios da Escola Infantil Municipal e do servizo de Conciliación Familiar.

O obxectivo con este tipo de accións sempre é o mesmo: sensibilizar e concienciar á poboación para evitar a lacra social que supón a violencia de xénero.

Estas accións están financiadas polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e polo propio Concello de Outeiro de Rei.

TELÉFONOS DE INTERESE EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Teléfono da muller de Galicia 900 400 273
Atención a vítimas de malos tratos 016
Teléfono de urxencias 112
Xulgado de Violencia de Xénero (Lugo) 982 294 735
Traballadora social do Concello de Outeiro de Rei 982 393 281

CARTEL DIFUSIÓN ANDAINA 25N