Dentro da campaña de sensibilización que realiza este ano o Concello de Outeiro de Rei con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO estanse emitindo cuñas de radio en varias emisoras; igualmente, está previsto que se publiquen este mércores sendos anuncios nos diarios El Progreso y La Voz de Galicia. O obxectivo sempre o mesmo: sensibilizar e concienciar á poboación para evitar a lacra social que supón a violencia de xénero.
Tamén, por terceiro ano consecutivo, vanse repartir gratuitamente bolsas reutilizables conmemorativas desta data. As persoas interesadas poden solicitar a súa nas oficinas municipais do Concello este mércores e ata esgotar existencias. Este material tamén estará dispoñible para a súa recollida na Casa da Cultura, e no Centro Médico. Nesta distribución colaboran tamén os seguintes establecementos comerciais:
- SUPERMERCADO CLAUDIO
- FARMACIA FERNANDO PENAS Y MARTA PUENTE, C.B.
- PANADERÍA OUSÁ
- FARMACIA CORTIZAS
- FULGENCIO CASÁS
Igualmente, repartiranse a través de nenos e nenas usuarios da Escola Infantil Municipal e do servizo de Conciliación Familiar.
Estas accións están financiadas polo Concello de Outeiro de Rei e prevese que teñan financiamento do Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
TELÉFONOS DE INTERESE EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Teléfono da muller de Galicia | 900 400 273 |
Atención a vítimas de malos tratos | 016 |
Teléfono de urxencias | 112 |
Xulgado de Violencia de Xénero (Lugo) | 982 294 735 |
Traballadora social do Concello de Outeiro de Rei | 982 393 281 |