Dentro da campaña de sensibilización que realiza este ano o Concello de Outeiro de Rei con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO se está a distribuír en todos os fogares do municipio un folleto que baixo o lema FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO CONTA CON NÓS quere concienciar para evitar a lacra social que supón a violencia de xénero.
Tamén, por segundo ano consecutivo, se van a repartir gratuitamente bolsas reutilizables conmemorativas desta data. As persoas interesadas poden solicitar a súa nas oficinas municipais do Concello o luns día 25 de novembro e ata esgotar existencias. Nesta distribución colaboran tamén varios establecementos comerciais e de hostalería municipal .
Estas dúas accións contan co financiamento do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e tamén do Concello de Outeiro de Rei.
Paralelamente, lembrar que dentro desta campaña, o día 25 de novembro está previsto que teña lugar á charla PREVENCIÓN, DETECCIÓN E PAUTAS DE ACTUACIÓN EN CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO impartida pola sarxento da Garda Civil ANA ISABEL CALEYA ORTIZ e os Gardas Civís RAMÓN PEÑA PÉREZ e HÉCTOR MÉNDEZ FERNÁNDEZ; a cita será na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ás 17:00 h estando prevista tamén a participación do alcalde de Outeiro de Rei, JOSÉ PARDO LOMBAO e da secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, SUSANA LÓPEZ ABELLA.
TELÉFONOS DE INTERESE EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Teléfono da muller de Galicia | 900 400 273 |
Atención a vítimas de malos tratos | 016 |
Teléfono de urxencias | 112 |
Xulgado de Violencia de Xénero (Lugo) | 982 294 735 |
Traballadora social do Concello de Outeiro de Rei | 982 393 281 |