O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de preinscrición para participar nos CAMPAMENTOS URBANOS de verán que se realizaran do 4 ao 8 de xullo para @s nen@s de 4 a 7 anos e do 11 ao 15 de xullo para @s nen@s de 8 a 12 anos.
Ao ser limitado o número de prazas (25 por campamento) estas cubriranse por rigorosa orde de inscrición (terán preferencia os nen@s empadroados no concello e @s alumn@s do CEIP Laverde Ruíz con respecto ás persoas solicitantes doutros concellos; o prazo para anotarse permanecera aberto do 2 ao 31 de maio ou ata cubrir prazas.
Como en edicións anteriores, nos campamentos se realizarán actividades como: obradoiros, xincanas, xogos de equipo, visita ao parque acuático de Cerceda, etc.
A participación nesta iniciativa ten un custe de 40 € que deberá aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición. Poden reservarse as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura en horario de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 39 34 08.