O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de preinscrición para participar no CAMPAMENTO URBANO dirixido a nenos e nenas de 2º a 6º de Educación Primaria que está previsto se celebre do 5 ao 9 de xullo.
Ao ser limitado o número de prazas (30) estas cubriranse por rigorosa orde de inscrición (terán preferencia os nenos empadroados no concello e os alumnos do CEIP Laverde Ruíz con respecto aos de fóra); o prazo de inscrición permanecera aberto do 3 ao 31 de maio ou ata cubrir as prazas ofertadas.
No campamento realizarán, entre outras actividades, obradoiros, xogos de equipo, irán a praia e ao parque acuático de Cerceda etc.
A realización desta actividade ou a posible modificación da mesma queda supeditada a imprevistos que poidan xurdir pola situación sanitaria da Covid-19.
O campamento ten un custe de 30 € e a cota deberá facerse efectiva dentro do prazo de inscrición; non se reintegrará o importe da cota salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello.
É obrigatorio o uso de máscara na actividade.
Poden reservarse as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 393 408.