O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de preinscrición para os CAMPAMENTOS URBANOS que se realizaran do 1 ao 5 de xullo para @s nen@s de 8 a 12 anos e do 8 ao 12 de xullo para @s nen@s de 4 a 7 anos.
Por ser limitado o número de prazas (30 por campamento) estas cubriranse por rigorosa orde de inscrición; terán preferencia os nen@s empadroados no concello e @s alumn@s do CEIP Laverde Ruíz con respecto aos de fóra.
O prazo para anotarse permanecera aberto do 2 ao 31 de maio ou ata cubrir prazas. A cota a pagar para participar nesta iniciativa é de 40 € sen comida e de 45 € con comida que deberán aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición .
Nos campamentos realizarán actividades como: obradoiros, día de praia , xogos de equipo, irán a Cerceda ao parque acuático, etc. Poden reservarse as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 393 408.