Caboi (San Martiño)
Parroquia incluída no arciprestado de Aguiar e na diocese de Lugo. Delimitada polas parroquias de San Xoán de Outeiro de Rei (E e SE), Martul (S e SO), e polo concello de Rábade (N e NE) e de Begonte (O e NO); presenta unha extensión de 2,5 km2 e regan o seu termo o río Miño, o Ladra e o rego das Regas. Dista 3,7 km da capital do municipio.
A parroquia distribúese nos seguintes 4 barrios:
De acordo ás fontes bibliográficas consultadas, como por exemplo o “Inventario del Patrimonio artístico de España: Lugo y su provincia” debemos destacar que a aldea de Astariz ostentaba na época sueva o título de Coto Real e gobernábase con autoridades propias. Xa na época medieval esta parroquia debeu ser unha fortaleza, xa que aínda se poden apreciar nalgúns lugares, restos das murallas e foxos que a rodearon naqueles tempos; e ademais temos noticias da existencia dunha torre, hoxe desaparecida. Outra proba do seu señorío e nobreza é a Casa de Prado, con pedra de armas na fachada.
Festividades:
Festa na honra á Virxe do Socorro a primeira fin de semana de xuño.
Tamén se celebraba o San Martiño (11 de novembro).